Sonetos do amor tardio
- Editore:
Edizioni dell'Orso
- Collana:
- Strenne e guide
- Data di Pubblicazione:
- 2008
- EAN:
9788862740289
- ISBN:
886274028X
- Pagine:
- 68
- Formato:
- brossura
Descrizione Sonetos do amor tardio
Aquí temos estes poemas intensos, duros, emotivos, lúcidos, de Emilio Coco, nos que a paixón amorosa se nos amosa espida, sen adornos, coa crudeza dun realismo impregnado de verdade cotiá, directa, sen disfraces pero con humor; con ironía pero sen moralismos nin remorsos. Amor, verdadeiro amor, cando o soño da beleza prega as súas azas abatidas, cando só fica a carne lacerada, a piadosa ternura da derrota. Comprensión mutua neses monólogos que se erixen en diálogos porque alcanzan e conflúen no ti, no outro que nos acompaña, que é o noso espello, coas súas virtudes e defectos, cos seus costumes, coas súas rarezas e coas súas grandezas. Desde a aceptación, desde o respecto. O mérito de Emilio Coco é facer unha poesía de concepción moi moderna e actual verquida en moldes clásicos. O desafío non era pequeno: lograr, como alquimista da palabra, transformar uns materiais vulgares e ruíns, en poesía, e en poesía da boa, cuns versos contundentes como pedras que caen golpeando as augas da alma. Xulio López Valcárcel